TERRA

Grazas ao noso carácter oceánico, con temperaturas suaves e abondosas precipitacións, Galicia atesoura 500.000 hectáreas de pastos e cultivos forraxeiros.

COIDADO

Os servizos veterinarios oficiais da Xunta de Galicia realizan cada ano máis de 2.700 controis de benestar animal nas explotacións de vacún, o 50% do total español.

SAÚDE

O LIGAL analiza a diario os parámetros do leite e certifica a súa calidade. Ademais, 700 profesionais sanitarios da Xunta de Galicia velan pola garantía sanitaria do leite.